Tuesday 14 de May de 2024

Ardemil consolida a súa xuntanza cabalar


A sexta edición desta cita contou con centos de comensais no xantar popular, e máis de 150 xinetes que participaron nas distintas probas que se sucederon ao longo de toda a xornada
Ordes 4 de xuño de 2016. Máis de 150 xinetes participaron ao longo desta fin de semana na VI Xuntanza Cabalar que se celebra na parroquia de Ardemil, no concello de Ordes. Unha cita que cada ano ve medrar o número de asistentes e participantes nas distintas probas que se organizan. De feito, dentro do cirucuíto xa está considerada como unha das probas máis importantes da zona para moitas e moitos afeccionados aos cabalos
O día de hoxe, sábado, arrancou cunha saída en ruta, seguida de carreiras de andadura cruzados serrada e chapeada federada, concurso de barrís, probas de trotadores e ata touro mecánico. En total hai que falar de aproximadamente 500 € en metálico en premios para os mellores posicionados. Para facer a súa entrega esta tarde contoarase coa asistencia de José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde de Ordes, ademais doutros membros do seu equipo de Goberno.
Outra das actividades que contou coa participación de centenares de asistentes foi o gran xantar popular. A música tradicional dos gaiteiros e doutros grupos contratados para a ocasión animaron o encontro.
Tamén houbo tempo para recordar a figura de Joaquín González, xuíz da Federación Hípica Galega, ademais de ser un dos seus principais fundadores e do Campionato Galego de Andadura. Na súa honra oficiouse unha misa que estivo seguida de procesión e na que tamén se bendiciron os animais.
A Asociación Cultural Cabaleiros de Ardemil, organizadora da xuntanza, contou novamente coa colaboración do Concello de Ordes para a súa posta en marcha. Tamén participaron a Deputación da Coruña, o restaurante Avelino, servizos veterinarios e equinos Serveteq e a Federación Hípica Galega.